IMG_3680

A Asociación Terras de Lugo celebrou onte martes 14 de xuño, unha Asemblea Extraordinaria na que se elixiu unha nova Xunta Directiva. Neste novo período de 4 anos o máximo responsable da mesma será Lois Neto López, representante da mesa sectorial Social, e acompañarao como vicepresidente Manuel Muñiz Besteiro (sector cultural e educativo), como secretario José Antonio López Varela (sector agrogandeiro), como vicesecretario Diego Pena Luaces (sector veciñal), como tesoureira Carme Lucas Domínguez (sector forestal), e 12 vogais.

Como principal obxectivo a acadar durante esta lexislatura, esta Xunta Diretiva márcase o de volver a constituírse como Grupo de Desenvolvemento Rural (GDR) para a xestión do programa LEADER 2014-2020 no territorio comprendido polos concellos de Castroverde, O Corgo, Guntín, Friol, Outeiro de Rei, Rábade e Lugo na súa zona rural. Para elo está a elaborar a estratexia de desenvolvemento local participativa esixida por Agader para presentar a candidatura a GDR, e pretende aprobala o vindeiro día 23 de xuño na Asemblea Xeral Extraordinaria convocada a tal efecto.