Unha vez rematada e executada por completo a fase inicial do proxecto de planificación interpretativa do territorio da Asociación Terras de Lugo, poñemos a disposición pública o Documento Marco elaborado para a implantación da mesma para dalgún xeito amosar este gran traballo realizado.

Agardamos que nun curto espazo de tempo este proxecto teña a súa sección propia na páxina web, entrementres deixámosvos a ligazón para que poidades consultalo:

   Documento Marco Planificación Interpretativa

Dende a Asociación Terras de Lugo agradecemos enormemente o traballo realizado pola empresa Ambientarte S.L. así como a súa implicación no desenvolvemento do proxecto.