O Foro do Camiño Primitivo, do cal forma parte a Asociación Terras de Lugo, ven de enviar ao ICOMOS ESPAÑA un informe sobre a xestión que a Xunta de Galicia está a realizar nos Camiños de Santiago, en concreto, dos Camiños Norte e Primitivo, declarados recentemente pola UNESCO como Patrimonio da Humanidade, e que están sendo obxecto de obras de “recuperación, sinalización e mellora” que vulneran e distorsionan a esencia destas vías.

Dende esta entidade agardamos que o informe xorda os efectos oportunos para que esta declaración non quede nun simple “título” e que se fagan respectar os valores que levaron aos Camiños a tal recoñecemento.

Pódedes atopar información detallada nas seguintes ligazóns asociadas á difusión en distintos medios de comunicación: