//

Horario de atención ó público
10:00 – 14:00

982 871 087
626 014 105
A Asociación Terras de Lugo é unha asociación sen ánimo de lucro, cuxo ámbito de actuación preferente abrangue o territorio que compoñen os concellos de Castroverde, Friol, Guntín, Lugo (zona rural), O Corgo, Outeiro de Rei e Rábade. Esta asociación constituíse a data 31 de xullo de 2008, coa finalidade de ser o núcleo de integración e representación dos diferentes axentes territoriais, institucionais, sociais e económicos, tanto públicos como privados, interesados en promover o desenvolvemento do territorio de actuación, para acadar os seguintes fins:

 

  1. a) Vertebrar os diferentes sectores socioeconómicos e constituír un foro de debate continuo sobre os problemas da zona, prestando especial atención aos mozos, ás mulleres, ás persoas con discapacidade, á protección do ambiente e á creación de emprego.
  2. b) Sensibilizar as administracións locais, autonómica e estatal, así como as institucións comunitarias europeas, canalizando as demandas da poboación do territorio, co obxecto de optimizar o aproveitamento dos recursos endóxenos da zona de cara ao seu desenvolvemento harmónico e integral.
  3. c) Ser centro receptor e distribuidor de toda a información relativa ao desenvolvemento socioeconómico do medio rural, tanto a nivel nacional coma internacional, centrándose este labor principalmente no coñecemento dos recursos e promoción de proxectos e iniciativas de interese para lograr un desenvolvemento harmónico, equilibrado, endóxeno, sostible e integral.
  4. d) Posibilitar entre os asociados e outros interesados o intercambio de experiencias e metodoloxías de animación e desenvolvemento socioeconómico.
  5. e) Potenciar, revalorizar e preservar os recursos naturais, culturais, históricos e artísticos da zona.
  6. f) Concienciar á poboación da necesidade de protexer o ambiente e o contorno rural, e tomar parte activa niso, mediante actividades orixinais e innovadoras.
  7. g) Formular e transmitir á poboación a estratexia adecuada para lograr o desenvolvemento da zona, así como promover a súa aplicación.
  8. h) Articular unha dinámica de participación que facilite o desenvolvemento tanto social como económico.

Para acadar os ditos fins, a asociación poderá desenvolver as seguintes actividades:

  1. a) Desenvolver iniciativas dirixidas a frear o éxodo rural, así como a fomentar a creación de emprego.
  2. b) Sensibilizar o tecido socioeconómico da zona sobre os problemas, recursos, accións e proxectos que contribúan ao seu desenvolvemento.
  3. c) Organizar, promover, coordinar e realizar todo tipo de actividades socioculturais, tales como seminarios, conferencias, xornadas, investigacións e estudos relativos aos problemas de desenvolvemento da zona, así como editar, no seu caso, todo tipo de material en soporte escrito, audiovisual ou informático, de carácter especializado, didáctico ou, simplemente, divulgativo.
  4. d) Solicitar ante calquera instancia e executar, no seu caso, a realización de calquera actividade, programa ou proxecto relacionado cos obxectivos da asociación.
  5. e) Proxectar, preparar e executar cantas accións ou actividades sexan necesarias para acadar unha axeitada formación e posta ao día permanente de todos os colectivos vinculados ao desenvolvemento rural, especialmente dos membros da asociación.
  6. f) Promover o intercambio de experiencias e metodoloxías de traballo, así como a busca de liñas de actuación conxunta con entidades análogas, nacionais ou internacionais.
  7. g) Levar a cabo as campañas de difusión e publicidade que se estimen necesarias.
  8. h) Recoller, tratar, difundir e intercambiar documentación e información relativa ao desenvolvemento rural a través dos medios adecuados.
  9. i) Implicarse na xestión de programas de desenvolvemento do seu territorio.
  10. j) Promover directamente actuacións e proxectos que incidan no desenvolvemento do territorio de actuación.
  11. k) Calquera outra actividade que poida resultar necesaria ou consecuente coas anteriores.

Situación actual

Na actualidade, a asociación ven de asinar a 21 de xaneiro de 2009, un convenio de colaboración coa Axencia Galega de Desenvolvemento Rural (AGADER) para a aplicación dun Programa de Desenvolvemento Rural no marco do Eixe 4 (Metodoloxía LEADER) do Plan de Desenvolvemento Rural de Galiza 2007-2013. Deste xeito adquiriu a denominación de Grupo de Desenvolvemento Rural 4 “Asociación Terras de Lugo” (en adiante GDR-4), encargándose da xestión do Programa de Desenvolvemento Rural no seu ámbito de actuación (concellos de Castroverde, Friol, Guntín, Lugo (zona rural),O Corgo, Outeiro de Rei e Rábade). O GDR-4, en canto entidade colaboradora de AGADER na xestión do Programa, ten as seguintes funcións principais:

  1. a) Promover a dinamización territorial e a mobilización social.
  2. b) Promover a valorización do medio rural en xeral, e do seu territorio en particular.
  3. c) Facilitar a participación da poboación nas accións de desenvolvemento do territorio.
  4. d) Asesorar ós posibles beneficiarios das axudas do Programa sobre a adecuación do seu proxecto ás esixencias daquel, así como sobre a posibilidade de acceder a outro tipo de axudas á marxe das previstas nel.
  5. e) Seleccionar proxectos con cargo ao orzamento asignado ao GDR-4, para darlle cumprimento ao Programa de Desenvolvemento Rural.
  6. f) Promover ou participar en proxectos de cooperación transnacional e interterritorial fóra e dentro da Comunidade Autónoma de Galiza.

Almanaque de eventos

faitesocio

leader

ruta_das_feiras

Contáctenos

O teu nome (obrigatorio)

O teu email (obrigatorio)

Asunto

A túa mensaxe