Horario de atención ó público 10:00 – 14:00

982 871 087 626 014 105

Faite socio de Terras de Lugo

Se representas unha asociación (cultural, veciñal, deportiva, medioambiental, de mulleres, de mozos, de empresarios…), unha cooperativa, unha comunidade de montes veciñais en man común, un sindicato… que realice actividades no ámbito de actuación do GDR 4 (Castroverde, O Corgo, Friol, Guntín, Outeiro de Rei, Rábade e a zona rural do concello de Lugo) e queres que a túa entidade se faga socia de Terras de Lugo tes que entregar a seguinte documentación:

  • Impreso de solicitude de ingreso en Terras de Lugo: certificado do secretario co visto e prace do presidente onde apareza o acordo tomado polo órgano competente da entidade solicitante (asemblea xeral, xunta directiva, pleno…) nomeando representante (e suplente se for preciso).
  • Copia cotexada (polo rexistro de asociacións competente ou calquera administración pública –concellos…-) da acta fundacional.
  • Copia cotexada (polo rexistro de asociacións competente ou calquera administración pública –concellos…-) dos estatutos.
  • Copia simple do D.N.I. do(s) representante(s).
  • Copia simple da tarxeta co código de identificación fiscal (CIF).
  • Ficha cos datos da entidade (ANEXO IC do AGADER).
  • Impreso solicitando o ingreso nunha das nove mesas sectoriais da Asociación Terras de Lugo (asinado polo secretario co visto e prace do presidente).
  • Memoria detallada de actividades no territorio do GDR-4 (só se a sé da asociación está fóra) co fin de demostrar o “arraigo no Territorio”.

NOTA: preme nas palabras azuis para baixar o impreso correspondente. A anterior documentación pódese entregar en:

  • Sé de Terras de Lugo (e da cooperativa AGRIS): Finca As Coutadas s/n; 27.220 Friol (Lugo).
  • Ex-sé de Terras de Lugo (e sé de COGAMI): R. da luz nº 4; 27.002 Lugo

Segundo os estatutos vixentes, unha vez remitida toda a documentación solicitada (por acordo da Xunta Directiva do 17 de setembro de 2008) ao Presidente da Asociación Terras de Lugo, este dará conta ordenando que se inclúa na orde do día da seguinte reunión da Xunta Directiva, para os fins que esta estime oportuno. A Xunta Directiva deberá resolver nun prazo non superior a dous meses dende a data da presentación. Adoptado o acordo sobre a admisión favorábel, será comunicado á entidade solicitante, facendo entrega dun exemplar dos Estatutos e do Regulamento de Réxime Interno da Asociación. No caso de que o acordo sexa negativo, o solicitante poderá recorrer ante a primeira Asemblea Xeral que teña lugar, debendo figurar este asunto expresamente na orde do día. Contra tal acordo non cabe ningún recurso.

Almanaque de eventos

faitesocio

leader

ruta_das_feiras

Contáctenos

O teu nome (obrigatorio)

O teu email (obrigatorio)

Asunto

A túa mensaxe