Horario de atención ó público
10:00 – 14:00

982 871 087
626 014 105

Proxectos de Cooperación

Dende a Asociación Terras de Lugo estamos convencidos de que mellorar a situación do rural pasa irremediablemente por traballar todos xuntos e por iso no noso Programa de Desenvolvemento Rural dedicamos un capítulo expresamente á cooperación con outros territorios de dentro e fora da Galiza.

 

1. PLAN DE COOPERACIÓN CON OUTROS TERRITORIOS DE GALIZA

OBXECTIVO ESTRATÉXICO

Organización e cooperación en rede entre territorios de Galiza (compartir experiencias, intercambiar coñecementos, asociarse en proxectos comúns). Preténdese estimular a alianza do propio GDR-4 (xunto con entidades ou empresas do seu territorio) con outros territorios da comunidade galega.

OBXECTIVOS ESPECÍFICOS

– Acadar unha cultura da cooperación real entre ámbitos afíns da Galiza interior

– Promover cooperación intergremial, empresarial e social entre territorios.

– Promover cooperación supralocal entre os entes locais de Galiza.

TERRITORIOS

1ª Fase: GDR-2, 3, 5, 6, 7 e 23 (sobre todo os concellos limítrofes co GDR-4).

2ª Fase: Territorios galegos con algún nexo común coa comarca de Lugo: camiño de Santiago, vía romana XIX, intercambios con territorios punteiros a nivel agrario e forestal.

3º Fase: Intercambio con outros territorios, por afinidades de topónimos, afinidades lingüísticas, patrimonias, culturais etc.

CONTIDOS

• Cooperación entre Admóns. Públicas:
– Diagnóstico común do territorio: estudo supralocal de hábitos, carencias, demandas, etc.
– Uso por proximidade dos servizos colectivos (sociais, muller, urbanismo…) e dotacións públicas (piscina, pavillón deportivo…).

• Cooperación entre axentes económicos:
– Realizar un DAFO supralocal sobre economías de escala no ámbito, cultura de redes, circulación de información, TICs, etc.

• Cooperación entre o Terceiro Sector:
– Promover accións supralocais compartidas entre asociacións de distintos territorios.
– Estudo sobre o Terceiro Sector no ámbito e as posibilidades do asociacionismo en rede (veciñal, cultural, feminino, discapacitados, etc.)

 

2. PLAN DE COOPERACIÓN CON OUTROS TERRITORIOS FÓRA DE GALIZA

OBXECTIVO ESTRATÉXICO

Organización e cooperación en rede entre territorios do estado e internacionais. Establecer contactos Institucionais, para logo chegar a intercambios a nivel familiar, escolar,…. Intercambio de experiencias a nivel urbanístico e medioambiental. Intercambio a nivel artístico, patrimonial, etc. Preténdese estimular a alianza do propio GDR-4 (xunto con entidades ou empresas do seu territorio) con outros territorios de fóra da comunidade galega.

OBXECTIVOS ESPECÍFICOS

– Acadar unha cultura da cooperación real entre ámbitos afíns de Galiza e o estranxeiro.

– Promover a cooperación administrativa, empresarial e social entre territorios.

TERRITORIOS

– Territorios polos que transcorre o Camiño Primitivo (os Camiños de Santiago sempre foron motivo de intercambio e riqueza cultural) ou a vía romana XIX.
– Comarcas do exterior de Galiza que falen galego (Occidente asturiano, zamorano e leonés, Cáceres, Norte de Portugal…).
– Colaboración ou intercambio co mundo de fala portuguesa (Portugal, Brasil, As Illas e incluso países africanos).
– Territorios con afinidades toponímicas, afinidades culturais, por ejemplo, que posúan unha torre medieval, un accidente xeográfico, río, monte, etc.
– Intercambios con territorios punteiros a nivel agrario e forestal.

CONTIDOS

– Desenvolvemento de estudos socioeconómicos comparados sobre realidades agrícolas e gandeiras (boas prácticas, DAFO, etc.)
– Desenvolvemento da cooperación e intercambios entre empresas.
– Cooperación administrativa e sociocultural.

Almanaque de eventos

faitesocio

leader

ruta_das_feiras

Contáctenos

O teu nome (obrigatorio)

O teu email (obrigatorio)

Asunto

A túa mensaxe