Producción Ecológica, Innovación y empleo
A nivel macro, o Consello Europeo de Lisboa celebrado no ano 2000 fixou como obxectivo facer da Unión Europea a economía baseada no coñecemento e a innovación máis competitiva e dinámica do mundo. Así mesmo, o Consello Europeo de Gotemburgo de 2001 definiu a estratexia da UE para o desenvolvemento económico sostible. En posteriores Consellos Europeos (os de 2004 e 2007), inclúense as tecnoloxías limpas e a eco-innovación como instrumentos fundamentais.
Respecto á Estratexia Europea 2020, o proxecto que se presenta busca avanzar dende o ámbito rural na consecución das tres prioridades formuladas:
1.- Crecemento intelixente: desenvolvemento dunha economía baseada no coñecemento e a innovación.
2.- Crecemento sostible: promoción dunha economía que faga un uso máis eficaz dos recursos, que sexa máis verde e competitiva.
3.- Crecemento integrador: fomento dunha economía con alto nivel de emprego que teña cohesión social e territorial.
Fronte as debilidades e necesidades sinaladas, este proxecto pretende durante os próximos 4 años, impulsar a innovación do tecido produtivo e empresarial do subsector ecolóxico instalado no medio rural. Ademais, por medio do aumento esperado da competitividade das producións ecolóxicas locais, terase como obxectivo asociado o crecemento produtivo deste subsector coa posibilidade de reconversión de explotacións convencionais, así como a incorporación de novos empregos.
A estratexia a seguir centrarase na dinamización e acompañamento das empresas agroecolóxicas, animando os procesos de innovación en base aos recursos e producións locais.