Horario de atención ó público
10:00 – 14:00

982 871 087
626 014 105

Casa Longarela

A casa está situada sobre unha finca de 70.000 m2 de pradeira e poboada de árbores autóctonas, tales coma castiñeiros, carballos, acibros, biduerias, teixos e frutais, nun entorno que nos achega a natureza e no cal se pode practicar sendeirismo, rutas a cabalo, visitas culturais, micoloxía e pesca no seu entorno. Trátase dun antiga casa de labranza, no seu tempo, rica e importante, e posteriormente en situación de semiabandono.

 

A casa principal, chamada ‘Casa Cartón’, alberga seis das dez habitacións do complexo, estancias comúns, tales coma a recepción, dous dos catro salóns da casa e o comedor.

Na palleira atópase o bar ou cantina da casa, un salón polivalente eun comedor privado ou familiar, con capacidade para 12-14 comensais, instalado no que antes era o forno, e que pode servir tamén de sala de reunións.

  • Dez habitacións dobres con baño individual e televisor, das cales unha está adaptada para minusválidos.
  • Adaptado para minusválidos
  • Admite Cans (a consultar)
  • Admite Tarxetas de Crédito
  • Aluguer de bicicletas
  • Aparcadoiro
  • Berces
  • Cafetería
  • Camas Supletorias
  • Comedor
  • Sala de Estar
  • Sala de Lectura
  • Salón de reunións
  • Televisor Común
  • Televisor nos Cuartos
  • Xardín/Horta

Almanaque de eventos

faitesocio

leader

ruta_das_feiras

Contáctenos

O teu nome (obrigatorio)

O teu email (obrigatorio)

Asunto

A túa mensaxe