Horario de atención ó público 10:00 – 14:00

982 871 087 626 014 105

Val do Río Tórdea

Info Xeral

Con un percorrido próximo aos 18 quilómetros, trátase dun roteiro circular, de dificultade baixa, localizado no sur do concello de Castroverde, con saída dende o lugar “Camiño Ancho” na parroquia de San Xulián de Pereiramá.   A contorna do Río Tórdea considérase unha das zonas de maior interese deste Concello polo rico patrimonio cultural que acolle: igrexas románicas, xacementos arqueolóxicos, construcións etnográficas e paisaxes de gran beleza. O roteiro discorre na súa meirande parte por camiños rurais sen asfaltar, así como por varios tramos asfaltados, estrada desde o Camiño Ancho ata San Xulián. Estrada antes de chegar a Espasande desde o Camiño que vén desde San Xulián. Estrada desde o Castro de Goi ata o Camiño da Fonte da Torre en Tórdea, volta á estrada local. Estrada de Tórdea a Uriz ( hai tramos que o roteiro transcorre por camiños). Estrada de Uriz ata o Camiño das Pereiriñas. Estrada local desde O pazo de Fornos á igrexa da Pumarega. Estrada desde Cellán de Calvos á Viladónega e, estrada local desde San Xulián ata O Camiño Ancho. O trazado percorre lugares de enorme interese ambiental e histórico-cultural. No aspecto ambiental merece salientarse o bosque autóctono, con árbores senlleiras (carballos e castiñeiros centenarios en Goi, Tórdea, Cellán de Mosteiro e, entre o Vilar e Cellán de Calvos), con alternancia puntual de prados e leiras. Así mesmo, o percorrido atravesa en varios puntos varios regos -afluentes do río Tórdea-. Tamén son de salientar certos lugares de interese paisaxísticos, como formacións de rochedo -no Forno da Vella, entre Espasande e a parroquia de Santa María do Monte (Outeiro)-, Penalada entre a Pumarega, Cellán de Mosteiro e O Vilar, todas estas formacións van amosándose á nosa vista ao longo do percorrido e, todas estas formacións teñen as súas lendas. Ao longo do roteiro existen varios bens patrimoniais de grande valor histórico-cultural: a) xacementos arqueolóxicos: os castros de Espasande, Uriz-Cellán, a Pumarega, Sucastro, Castro do Vilar e Croas de San Xulián de Pereiramá, así como tres sartegos medievais en Goi. b) igrexas: románicas en Espasande, Tórdea (con vestixios prerrománicos), Uriz, Cellán de Mosteiro e A Pumarega; de menor antigüidade igrexas de Cellán de Calvos e San Xulián de Pereiramá. c) construcións etnográficas: muíños en Goi e entre Tórdea e Uriz; restos dun mazo en Goi; un cruceiro en San Xulián e, varias fontes, a saber fonte da Bica e Pacios en Espasande, Fonte da Torre en Tórdea, Fonte do Ouro en Cellán de Mosteiro… d) pazos e/ou casas grandes en, Goi, Cellán de Mosteiro, A Pumarega (Casa de Fornos) Pola parroquia de Tórdea pasa tamén a Vía Romana XIX, mais o roteiro a sinalizar non coincide coa Vía XIX.

Galería

tordea

Download

Montecubeiro-Barredo

Info Xeral

Cunha lonxitude de 34 quilómetros (incluíndo os tramos alternativos), trátase dun roteiro lineal, de dificultade media, localizado no norte do concello de Castroverde e con saída ao pé da igrexa de Montecubeiro e chegada en Santo André de Barredo.   O roteiro discorre na súa meirande parte por camiños rurais sen asfaltar, así como por algún tramo asfaltado. O trazado percorre lugares de enorme interese ambiental e histórico – cultural. No aspecto ambiental merece salientarse as vistas sobre o concello e terras limítrofes, árbores senlleiras (carballos e castiñeiros centenarios en Pena, Córneas, Vilaxurxo … ), con alternancia puntual de prados e leiras. Así mesmo, o percorrido atravesa en varios puntos varios regos –afluentes dos ríos Chamoso e Rade. Ao longo do roteiro existen varios bens patrimoniais de grande valor histórico- cultural:

  • Montes e Serras entre as que merecen salientarse; Monte de Coto, Zarros da Louseira, Os Outurós, Pioute, Serra de Monciro, Alto do Cruceiro, Monte da Pedra Chantada, Monte da Espiñeira, e sobre todo Pena Branca e Pena do Campanario, entre outros.
  • Igrexas: de San Cibrao de Montecubeiro, Santa María Madanela de Pena, San Pedro de Serés, e Santo André de Barredo.
  • Construcións etnográficas: Cruceiros en San Cibrao, Cugula ou Cubula, hórreo en Pena, Pazo, forno e lavadoiro de Carballedo, muíño, carballo, capela e cruceiro en Córneas, muíños en Vilaxurxo, cruceiros en Barredo…

Tamén son de salientar certos lugares de interese paisaxístico como, a Serra de Monciro con varios Túmulos. Nesta serra tamén atopamos a Lagoa Grande e a Lagoa Pequena dende a cal se poden apreciar impresionantes vistas dos concellos de Castroverde e de Pol. Na parroquia de Santo André de Barredo por outra banda, pódese visitar Pena Branca, unha formación rochosa de impresionantes dimensións e cunhas fermosas vistas sobre terras de Castroverde, O Corgo e Lugo.

Galería

montecubeiro barredo

Download

Fontes Masoucos

Info Xeral

Cunha lonxitude aproximada de 13 quilómetros, trátase dun roteiro circular de dificultade media, que percorre parte da parroquia de Santiago de Masoucos, situada no leste do concello de Castroverde.   Esta ruta iníciase a carón do castro e da igrexa parroquial e percorre interesantes elementos de valor cultural, etnográfico e arquitéctónico. Ten coma fío conductor as augas e as fontes, elementos singulares desta zona, salientando as fontes: do Barrial, Masoucos e Trascastro.

Galería

Pendiente
Download

Dos Muíños

Info Xeral

Este roteiro divídese en tres tramos de, os cales parten sempre do lugar de Rodinso (no Muíño de Lamela)que pertence civilmente á parroquia de Bolaño e eclesiasticamente á de Vilabade. Para chegar a Rodinso saímos da vila de Castroverde pola Rúa dos Nenos, por diante do CPI de Castroverde, para pasar polo Codesal e pola estrada CP 12-02 ata Rodinso.   A parte do roteiro que atende aos Muíños de Poñente subdivídese noutros dous percorridos, un que vai dende Rodinso ao O Ferradal (11,3 quilómetros) e outro que vai dende Rodinso ata a Acea de Laxe ou Muíño de Veiga (13,53). O terceiro tramo discorre entre os Muíños de Nacente dende Rodinso ata a Furís de Abaixo(18,39 quilómetros). O muiño de Lamela é dos poucos muíños con roda vertical que se poden atopar na contorna.

Galería

Download
Download
Download
Download
Download

Furís-Páramo

Info Xeral

Cunha lonxitude de case 19 quilómetros, trátase dun roteiro circular, de dificultade media, ubicado no sur do concello de Castroverde, con saída e chegada no lugar de Furís de Arriba.   Trátase dunha ruta de notable riqueza tanto patrimonial como medioambiental, xa que transcurre entre grandes masas de bosque autóctono, deixando ao seu paso árbores senlleiras, con alternativa puntual de prados e leiras, así como varios regatos, afluentes do río Tórdea. As mostras de patrimonio cultural tamén son de destacar: fontes, muiños (coma o de Furís de Abaixo), igrexas, cruceiros con pousadoiro ou restos de antigos castros así o demostran.

Galería

furis paramo

Download

Soutomerille

Info Xeral

O Roteiro de Soutomerille é de trazado circular e de dificultade baixa, con saída e chegada na rotonda de Paderne (intersección das estradas LU-530 – de Lugo á Fonsagrada – e a LU-106 – de Romeán a Bascuas)   Ten unha lonxitude de 5,8 quilómetros e un desnivel aproximado de 90 metros. O Roteiro deiscorre na súa meirande parte por camiños rurais sen asfaltar, cun pequeno tramo duns 800 m. na estrada de Gondar e uns 300 m. na de A Ferreira – Lea. Ao longo da ruta atópanse lugares de enorme interese ambiental e histórico-cultural. No medio natural merece salientarse o bosque autóctono, con árbores senlleiras (carballos e castiñeiros centenarios) e con alternancia puntual de prados. Dende o punto de vista patrimonial percorre varios xacementos arqueolóxicos (o Castro da Pallota, o Castro Peón, e a Croa de Soutomerille) e unha igrexa do século XVII con restos prerrománicos, vellas casas grandes, un cemiterio moi singular feito todo en cantería…. Así mesmo, o roteiro coincide co Camiño Primitivo a Santiago no lugar de Soutomerille.

Galería

Pendiente
Download

Almanaque de eventos

faitesocio

leader

ruta_das_feiras

Contáctenos

O teu nome (obrigatorio)

O teu email (obrigatorio)

Asunto

A túa mensaxe