Horario de atención ó público
10:00 – 14:00

982 871 087
626 014 105

Casa Grande de Nadela

Casa Grande de Nadela é unha centenaria casa de labranza restaurada, na que predomina a Pedra e Madeira, coma elementos principais da construcción, conservando orixinais coma o pozo o forno de cantería e a pedra.

No tocante as instalacións, a casa dispón de cafetería, restaurante á carta, salóns para banquetes, comedor privado (situado na lareira primitiva da casa), e hotel con 10 habitacións. Todo elo rodeado dunha extensa finca axardinada e a tan so sete quilómetros de lugo.

Disfruta do sabor tradicional combinado con tintes modernos nun ambiente cálido.

  • Dezhabitacións dobres con baño individual, televisor, teléfono e fío musical.
  • Admite Tarxetas de Crédito
  • Aire Acondicionado nos Cuartos
  • Aparcadoiro
  • Cafetería
  • Camas Supletorias
  • Comedor
  • Internet nos Cuartos
  • Servizo Médico
  • Televisor nos Cuartos
  • Teléfono nos Cuartos
  • Xardín

 

Casa de Baixo

A casa que vostede está a ver foi construida en tres épocas. A máis antiga ten máis de douscentos anos e é a que, hoxe en día constitúe o centro da edificación, cunha altura superior os oito metros. Nela convivía o gando co home, como era tradicional nas aldeas galegas, de tal xeito que, nos duros invernos, cando o xeo se xuntaba formando os carambelos que colgaban dos aleiros, o home aproveitaba a calor dos animais e estes, o acubillo que lle daban os nosos antepasados.

En memoria dos beneficios que aportaba esta sinerxia, na restauración da casa decidiuse manter intacta esta parte da edificación, restaurando as ‘cabaleiras’, a través das cales as vacas comína a herba.

Do mesmo xeito, as paredes non foron tocadas, polo que son vivo reflexo da arquitectura popular galega, na que non se empregaba nin o cemento nin ningún outro elemento de unión, senón que, simplemente, constuíase pedra sobre pedra.

  • Seis habitacións dobres con baño individual e televisor, das cales unha está adaptada para minusválidos.
  • Adaptado para minusválidos
  • Admite Cans (a consultar)
  • Agricultura Ecolóxica
  • Artesanía
  • Animais domésticos
  • Berces
  • Camas Supletorias
  • Comedor
  • Fálanse Idiomas
  • Sala de Estar
  • Tarefas Agrarias
  • Televisor Común
  • Televisor nos Cuartos
  • Xardín/Horta

Almanaque de eventos

faitesocio

leader

ruta_das_feiras

Contáctenos

O teu nome (obrigatorio)

O teu email (obrigatorio)

Asunto

A túa mensaxe