Neste apartado poderas atopar a información referente ao concello de Rábade en canto á súa oferta gastronómica e de lecer, comezando polos lugares onde poderas adquirir produtos autóctonos e artesanais (Feiras), continuando polos establecementos onde os poderás degustar (Restauración) e así coller forzas para percorrer os itinerarios que mostran a beleza paisaxística e patrimonial do territorio (Roteiros e Sendas). E como non, rematar cun merecido descanso nos establecementos con prazas de aloxamento (Hospedaxe).